Na Sementeira conmemoramos por todo o alto o Día do Libro, que se festexa o 23 de abril. Ao longo destes días levamos a cabo diferentes actividades relacionadas co mundo dos contos. Para ir abrindo boca a semana pasada participamos nun obradoiro organizado pola biblioteca e levamos para casa un colgador para a porta da nosa habitación.
Trouxemos da casa o noso conto favorito e compartímolo cos nosos compañeiros e compañeiras; durante uns días puidemos gozar deles na aula
Coñecemos a lenda de San Xurxo e o dragón e fixemos un debuxo con todo luxo de detalles
As propostas de aula tiveron como protagonista a este intrépido cabaleiro; como novidade, dúas das propostas tiñan carácter obrigatorio e debían facelas ao longo da semana (non todos o conseguiron, polo que por ser a primeira vez que traballamos deste xeito, ampliarei prazo para a súa realización 😉). Con este tipo de organización estamos traballando aspectos como a responsabilidade, a organización do tempo ao longo da xornada, aprendemos a non pospoñer tarefas que sabemos que debemos facer, cumplimos rutinas,... As opcións de xogo eran moi variadas: creación de minimundos, sudokus, composición de palabras con pinzas e alfabeto en minúsculas, escritura individual, títeres, tarxetas de lectura comprensiva,...
Visitamos a feira do libro na biblioteca e mercamos un conto para a nosa aula. A encargada fixo a compra
Foi unha semana moi divertida !
A Consellería de Educación está a renovar as pantallas dixitais dos centros educativos e esta semana recibimos a nosa. Estreámola facendo debuxos con temática libre, e moitas Sementeiras e Sementeiros escolleron a San Xurxo e o dragón
Levamos para casa un novo exemplar do periódico "Novas de Infantil"
Canto traballo! Que cantidade de opcions divertidas para aprender!! 💜💜💜
ResponderEliminar