Unha semana máis o ritmo da Sementeira non é apto para cardíacos !
empezamos o luns festexando un aniversario dobre pois Bruno e Ana están de cumple o mesmo día
Distinguides o corazón?😀 |
Estamos rematando a nosa volta ao mundo con Willy Fog pois xa chegamos a América. Fai un tempo que fixemos unha visita virtual por dentro da Estatua da Liberdade e averiguamos que foi un agasallo dos franceses ao pobo americano
Estamos facendo moitas outras cousas na aula, pois xa comezamos cos ensaios para a nosa actuación no Festival de Fin de Curso. Tivemos tamén dúas propostas obrigatorias ao longo destas semanas, unha relacionada co Proxecto Ríos e outra cunha pequena secuencia didáctica que estamos levando a cabo na aula e ten por protagonista ao Principiño. Seguimos viaxando co Proxecto Egeria e desta volta navegamos polo mar Mediterráneo e vivimos as aventuras de Ulises. Pintamos un mural no patio coa axuda da profe Teté,... pero todas estas cousas deixámolas para amosárvolas outro día
😉
Moitas gracias Ana, por facernos partícipes de esta última etapa de infantil, que pena que se termine 🥲pasou voando!! Encantoume ir a leer o conto, foi unha bonita experiencia 🥰😍 E para bonitas as fotos das mándalas corporais!! Impresionantes!!!😍😍
ResponderEliminarQue ben o pasan e canto traballan est@s pequech@s!!!!! 👏👏👏👏
Ohhh, que pasada eses mandalas en gran grupo! Son chulísimos!
ResponderEliminarEst@s sementeir@s traballan moito moito!!
Parabéns a Ana, Bruno e Chloe! 🎂🎂🎂
Parabens aos cumpleañer@s!!! Impresionante os mandalas corporais e o do forzudo 😂 gracias por compartir Ana!!
ResponderEliminar