martes, 12 de septiembre de 2023

Vento en popa,...

 ... e a toda vela! así vai o período de adaptación na Sementeira.

Hoxe estivemos tod@s xunt@s e levamos a cabo por primeira vez moitas das rutinas de aula que nos acompañarán estes meses: gardar a mochila no percheiro e facernos responsables das nosas pertenzas, poñer o mandilón e intentar abotoar os botóns, escoitar en gran grupo un conto, traballar de xeito individual nas mesas, merendar e recoller a mesa, disfrutar do recreo e interactuar co resto de alumnado das aulas de Educación Infantil,... unha morea de actividades das que todos os Sementeiros e Sementeiras participaron con ledicia.

Contamos o conto do "Polo Pepe"
A nosa primeira tarefa impresa tivo como protagonista a este polo tan larpeiro










 Ao rematar de traballar tivemos tempo de xogar nos recunchos; tanto traballo abriunos o apetito e disfrutamos da nosa primeira merenda no cole.

Collemos a nosa mochila, que está gardada nas bolsas dos percheiros






Antes de saír ao patio, temos a rutina de ir ao cuarto de baño e mentres non toca o noso turno, agardamos entretid@s coa pantalla dixital

O recreo foi un dos momentos máis emocionantes de toda a mañá! primeiro estivemos recoñecendo o terreo 😉 e máis tarde compartimos o patio co resto de compis de infantil, que nos acolleron cos brazos abertos.

























Mañán máis e mellor

👍

No hay comentarios:

Publicar un comentario