Seguimos avanzando vento en popa e a toda vela co noso proxecto Nautilus. E nunca mellor dito porque esta semana fixemos uso por primeira vez dun útil que nos axuda a mellorar a nosa motricidade fina pois traballamos a coordinación entre o ollo e os movementos manuais de precisión; trátase do punzón. Picamos nas velas dun barco veleiro despois de falar dos diferentes tipos que podemos ver nos libros do recuncho (vela. motor, pesqueiros, de recreo,...) e imos ampliando o noso vocabulario coñecendo por exemplo o que é un ollo de buei, ou para que serven unha áncora ou un salvavidas.
Segue chegando material que aportades dende as casas e xa temos un recuncho ben xeitoso
Roi trouxo un crebacabezas que completamos en gran grupo
Paulo Llerena trouxo un cofre cos tesouros do Capitán Nemo e unha enciclopedia con moita información sobre a vida no mar
Roi e Alessia aportaron cunchas coas que seguro inventaremos algún xogo
Lara contounos que foi ao acuario e ao saír mercaron unha medusa que xa está na Sementeira. Aproveitamos para ver en internet o que era un acuario fixándonos no da Coruña e, de paso, visitamos virtualmente o faro da Torre de Hércules, que tamén temos no recuncho
Noel trouxo outro crebacabezas que ten de todo, ata ao submarino Nautilus! e tamén uns barcos para xogar
Cando temos tempo libre na aula collemos os libros e xoguetes do recuncho para disfrutar deles
Traballamos o concepto de simetría xogando na pizarra a compoñer estrelas de mar
As propostas que se presentan en gran grupo sempre quedan a disposición dos nenos e nenas para xogar ao longo da mañá. Este xogo de simetrías gustou moito!
Achegámonos ao recoñecemento das letras do abecedario á vez que ampliamos vocabulario temático cun xogo de búsqueda de iniciais
E sabedes unha cousa? a semana pasada convertémonos no Capitán Nemo e surcamos os mares a bordo dos nosos Nautilus
No hay comentarios:
Publicar un comentario