viernes, 27 de octubre de 2023

Día das Bibliotecas

 O pasado martes día 24 conmemoramos o Día Internacional das Bibliotecas e para festexalo o alumnado de Educación Infantil asistiu a unha sesión de contacontos a cargo de dúas compañeiras de 6º curso de primaria. O conto elexido foi "A galiña roxa". A mensaxe principal deste conto é o valor do esforzo e a perseveranza. A pesar de non recibir axuda dos demais, a galiña non se rende e continúa traballando duro. Isto ensínanos a importancia de non depender dos demais e tomar a responsabilidade de nosas propias accións.


















 

No hay comentarios:

Publicar un comentario