A semana pasada foi un non parar na Sementeira; acabamos as portadas dos nosos traballos e disfrutamos a tope das últimas propostas do noso calendario de Nadal. Aquí están as nosas portadas
A proposta do luns chegará ás vosas casas a través do carteiro,... estade moi antentos e atentas ao buzón!
O martes xogamos coa ruleta de Nadal (con tanto trajín esquecemos sacarlle as fotos ao encargado). Contamos as sílabas de cada palabra palmeando para traballar a conciencia fonolóxica
Recibimos a visita sorpresa de Papá Noel e alegrounos moito a mañá!
O mércores empezamos unha película navideña, que rematamos o xoves entre actividade e actividade
E o pasado xoves chegou o último día de cole do primeiro trimestre e festexamos o Nadal por todo o alto!!! ao chegar sesión de photocall para inmortalizar o elegantes que viñamos tod@s
Tivemos que interrumpir a sesión de fotos porque nos avisaron da chegada dunha visita moi especial, nada máis e nada menos que as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Recibímolos con moita ilusión pero tamén con moitos nervios 😉
A sesión de contacontos encantounos; rimos moito e pasamos un rato moi divertido. Moitas grazas Leño Barreño!
Sen tempo para o aburrimento despois do contacontos chegou a hora da merenda. Que ben o pasamos todos os nenos e nenas de Educación Infantil merendando xunt@s! moitas grazas polas delicias culinarias aportadas polas familias da nosa aula. Estaba todo delicioso!
Despois do recreo tocoulle o turno aos xogos populares
Rematamos este día tan emocionante comendo as uvas para festexar a entrada do novo ano por adiantado e ao acabar,... festa rachada!
Levamos para casa a bolsa con todos os nosos traballos do trimestre. Agora toca descansar e disfrutar destes días de Nadal. Vémonos en xaneiro
No hay comentarios:
Publicar un comentario