Chegou o último mes do ano cargado de actividades divertidas na Sementeira porque xa se achega o Nadal e iso non podemos deixar de festexalo!
Temos un calendario que cada día nos fará unha proposta relacionada con esta festa. O venres día 1 como non podía ser doutro xeito, a tarefa consistiu en montar a árbore. Tivemos que ir a xunto de Manolo para pedirlle pilas e así poder prender as luces, colocamos a decoración e,... listo!
Non esquecemos traballar e ao longo da semana levamos a cabo diferentes actividades; unha delas uniu destreza motora fina (pois tiñamos que picar pola liña de puntos e non de xeito libre como ata o de agora) e conceptos lóxico-matemáticos (traballamos a discriminación visual das figuras xeométricas: círculo, triángulo, cadrado e rectángulo)
Estas son algunhas das propostas das que disfrutaremos ao longo desta semana
Co Nadal chega a época de ser solidari@s; dende o centro solicitaron material escolar pois o concello ten previsto realizar unha visita institucional ao Sáhara e varias familias sementeiras sumáronse á recaudación. Moitas grazas!
Seguimos practicando ioga e facendo o noso rexistro semanal no froitómetro. Na última sesión aprendemos posturas dos animais do mar seguindo os consellos dun vídeo de youtube; primeiro mirámolo na clase e despois marchamos para a aula de usos múltiples a practicar as asanas da tartaruga, o cangrexo, o tiburón e a estrela de mar
E na anterior sesión convertémonos en leóns
No hay comentarios:
Publicar un comentario