sábado, 27 de enero de 2024

Lagartos terribles

 Seguimos aprendendo cousas sobre os dinosaurios, os lagartos terribles do pasado. Esta semana chegaron materiais novos para o noso recuncho





 Aproveitamos os novos libros para averiguar que existiron dinosaurios carnívoros e herbívoros e falamos do que significa, sabemos que nacían dos ovos, o motivo da súa extinción,... e moitos outros datos e curiosidades que están facendo da nosa investigación toda unha aventura. Fixemos unha visita virtual ao Museo de Historia Natural de Santiago de Compostela pois averiguamos que todas as pezas atopadas polos paleontólogos acaban nos museos. Continuamos aprendendo cousas sobre os fósiles; realizamos unha tarefa impresa que recolle os seus tipos e xogamos coa plastilina a modelar os nosos propios fósiles













Disfrutamos a tope do material do recuncho:  xogamos ao mémori e cos quebracabezas, e miramos con moita atención os contos




















Fixemos os nosos particulares dinosaurios; primeiro coloreamos con acuarelas, despois estampamos a nosa man para facerlle as púas e rematamos compoñendo con letras móbiles o nome dos noso novos amigos
 






































































O venres fixemos a rutina do noso "Pasaporte Lector" e levamos un novo conto para casa














 Seguimos practicando o noso nome e interiorizando o concepto de suma na hora do panel

















Todos os días escribimos o noso nome na parte traseira do traballo impreso; e moitas veces, de xeito espontáneo no momento do xogo practicamos o nome dos compañeiros




Déixovos tamén por aquí as fotos da sesión de ioga do mércores; pouco a pouco imos logrando pequenos avances (aínda que nas fotos non se reflicta moito 😉)






















No hay comentarios:

Publicar un comentario