domingo, 21 de enero de 2024

Unha semana con moitas novidades

 Esta semana seguimos traballando a escritura do noso nome e interiorizando o concepto de suma durante a hora do panel. Como novidade, o encargado ou encargada escolle o conto de entre a selección de contos viaxeiros que temos na aula





































Practicamos o trazo da letra E no encerado











Recibimos un diploma por ter participado na actividade da biblioteca da búsqueda do Elfo Tilín no mes de Decembro



Empezaron a chegar materiais para o noso recuncho. Paulo LLerena trouxo dinosaurios para xogar e libros con moita información

Lois trouxo unha pedra volcánica que, despois de tocar, moitos Sementeiros e Sementeiras aseguraban que estaba quente😉









 E tamén trouxo un mémori dinoterrorífico

















Na PDI buscamos información sobre os dinosaurios e averiguamos que o seu nome significa "lagarto terrible", coñecemos a profesión de paleontólogo mediante un xogo e tamén aprendemos o que son os fósiles; despois rexistramos o aprendido en diferentes tarefas impresas




















Na sesión de ioga fixemos moitos avances e rexistramos o consumo de froita no noso "Froitómetro"; tod@s trouxeron froita!! A encargada tivo a misión de pasar a xoaniña polos compañeiros-as no momento da relaxación


















As novas propostas da semana estiveron relacionadas co nome propio e as simetrías



















O venres levamos para casa o noso primeiro exemplar de "Novas de Infantil", o periódico co que mostramos unha pequena escolma do noso día a día. Agardo que o disfrutedes tanto como o fixeron eles no momento en que llo entreguei! Cada trimestre levarán un novo exemplar para casa









Pero sen dúbida o momento estelar da semana foi o de escoller un conto viaxeiro para levar a casa. O primeiro que fixemos foi preparar as bolsas para levalo











E o venres escollemos o noso conto












Despois estreamos o noso "Pasaporte Lector"; buscamos a páxina do conto que escollemos, pegamos unha pegatina a modo de selo e fixemos a tarefa impresa que consiste en repasar as letras do título do conto e colorear un debuxo relacionado. Cada semana deberán escoller un conto novo co obxectivo de que no mes de xuño teñan todo o seu "pasaporte" cuberto e teñan "viaxado" por todos os contos












Remato esta entrada amosando unha foto dun gorro que leva perdido un tempo no corredor de infantil; se o recoñecedes avisádeme pola libreta e mándovolo de volta para casa




No hay comentarios:

Publicar un comentario