Unha semana máis temos un montón de actividades que amosarvos por esta pequena fiestra que é o blogue de aula; Quedábanos un compañeiro por amosar nas rutinas do panel e esta semana por fin foi o turno de Noel
Temos novas cancións para o momento da chegada e o inicio das rutinas (cada trimestre fago unha nova selección)
Estamos aprendendo moito sobre a prehistoria; despois de investigar en internet sabemos cousas sobre os mamuts, disfrutamos dunha canción moi divertida e fixemos unha actividade impresa que coloreamos con acuarela
Estreamos un mémori viaxeiro sobre a prehistoria. Cada día o encargado ou encargada poderá disfrutalo na casa
Chegou máis material para o noso recuncho; graciñas!
Pero sen dúbida o máis importante da semana foi que demos comezo a Febreiro, o mes do Entroido e fixémolo por todo o alto
Fixemos unha manualidade e disfrazámonos de pequen@s pelud@s prehistóric@s
Visitamos ao Meco, que cada día da semana que vén faranos propostas moi tolas
Polo de pronto a manda do luns dí o seguinte
QUEN O MAR QUEIRA EXPLORAR,
ZAPATOS DIFERENTES DEBERÁ CALZAR.
No hay comentarios:
Publicar un comentario