Rematamos o mes de febreiro festexando por todo o alto o aniversario da nosa ilustre poeta Rosalía de Castro. Recibimos a súa visita acompañada de Julio Verne e axudámoslle a apagar as candeas, coñecemos a súa casa na Matanza, recitamos algún dos seus poemas e disfrutamos das propostas libres de aula que xiraron en torno a ela. Tamén lle fixemos unha pequena homenaxe en forma de mural que loce no corredor de Educación Infantil.
Xogamos en gran grupo e traballamos a asociación número-cantidade primeiro cun taboleiro e despois co dado
Para facer o mural o primeiro que fixemos foi colorear as letras que compoñen o seu nome e pegalas en orde nunha cartolina. Despois pintamos con témpera e pincel unhas rosas. Pegamos gomets con forma de corazón para cubrir o espazo libre que nos quedaba. Coloreamos, picamos e pegamos flores nunha imaxe súa e,... mural rematado!
PARABÉNS ROSALÍA !!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario