Xa se achega o final do segundo trimestre e, ao igual que no trimestre pasado acumúlansenos as tarefas😉 eso sí, as bolsas para levar os nosos traballos xa están rematadas. Pintamos o fondo da bolsa con témpera e brocha, e coloreamos con fluorescentes (escollendo a cor que máis nos gustaba) ollos e bigote ao noso protagonista, un simpático ovo de Pascua que despois de picar cada parte, compuxemos
Pronto vos amosaremos o bonitas que nos quedaron!
Hoxe foi un día moi axetreado pois recibimos a visita de Vanesa a nosa amiga do CIM Terras de Iria, que se achegou ata o cole para falarnos dunha gran muller, Marie Curie, dentro da actividade "Mulleres visibles" que están a levar a cabo nos centros educativos de Padrón; rematamos a visita converténdonos en científicos e científicas facendo un experimento: un volcán do que saía lava de cor lila co que queremos recalcar que nenas e nenos somos iguais tanto en dereitos coma en oportunidades
Disfrutamos a tope tamén da nosa sesión de ioga perfeccionando as asanas traballadas ao longo destas últimas semanas e relaxándonos coas plumas
Déixovos tamén por aquí fotos dunha sesión de ioga pasada
No hay comentarios:
Publicar un comentario