domingo, 7 de abril de 2024

Profes de ioga

 Pois xa estamos de volta pola Sementeira con moitas ganas de pasalo ben e de seguir disfrutando do cole. Esta semana tocou facer unha análise do rexistro do tempo do trimestre pasado; tivemos moitos días de choiva e o sol e as nubes case empatan



A sesión de ioga do mércores foi moi divertida pois convertémonos en profes de ioga para os noso compañeiros e compañeiras, e mediante un xogo onde escolliamos unha tarxeta, dábamos as indicacións para facer a asana que nos tocara












































Na aula recibimos a nova estación facéndoa protagonista das primeiras propostas voluntarias do trimestre
 
















Estivemos traballando lectoescritura e debuxo tendo como eixo vertebrador as bolboretas. Debuxámolas na P.D.i. e despois no folio. Aprendemos as partes do seu corpo e copiamos palabras de xeito autónomo tendo como referencia visual tamén a P.D.I.



























































Rematamos a semana festexando os catro anos do noso compañeiro PAULO LLERENA, que durante a Pascua estivo de aniversario






























No hay comentarios:

Publicar un comentario