lunes, 17 de junio de 2024

Diversidade

 A semana pasada visitounos Vanesa, do CIM Terras de Iria para levar a cabo un pequeno obradoiro de concienciación sobre a diversidade; fomentar a inclusión e o respecto desde a educación infantil é clave para criar unha xeración de nenos tolerantes e respectuosos cara á diversidade.

 A través do conto "Monstro rosa" traballamos na adquisición de normas sociais de convivencia como o respecto, a empatía, a igualdade de oportunidades e o rexeitamento de situacións discriminatorias e comportamentos sexistas. Unha vez dialogado sobre o conto fixemos un pequeno collage onde tiñamos que vestir a uns personaxes coa roupa que nos ía dando Vanesa. O resultado final está exposto no corredor principal do cole.










Na aula continuamos rematando tarefas pendente pero temos rutinas que non perdoamos, por exemplo a hora do panel. Este último mes añadimos unha nova tarefa, escribir o número de día no que estamos e así saímos por turnos a practicar as grafías no encerado



 Xa temos as bolsas rematadas























 As portadas do noso libro de recordos do trimestre tamén están listas


































O mércores pasado puxemos punto e final ao reconto do noso froitómetro e levamos para casa un imán como premio por comer tanta froita!

 
















Aproveito esta entrada do blogue para recordarvos que o vindeiro venres teremos o Festival de fin de curso e deberemos vir vestido con temática rockeira (branco, vermello e negro). Lembrade que a camiseta que vos enviei o pasado venres deben traela posta. Evitade mandarlles accesorios que lles impidan bailar con comodidade (guitarras, perrucas moi froxas, micrófonos,...). Poden vir maquillad@s, traer as unllas pintadas, poñer tatuaxes,... e todo o que ser vos ocorra! será un día XENIAL e de seguro que o pasaremos moi ben! por aquí vos deixo algunhas ideas de última hora
 






 




No hay comentarios:

Publicar un comentario