Pois case sen pensalo, chegou o final de curso e no Rosalía puxemos fin a un ano académico repletiño de momentos que quedarán para o noso recordo. A guinda do pastel foi o Festival no que a ritmo de rock os pequenos e pequenas de Educación Infantil quixemos dar a benvida a todas as familias. Pero antes aínda tivemos tempo de facer unha pequena sesión de fotos rockeira e de despedir aos compis de sexto de primaria, que se gradruaron e marchan para o instituto
E falando de graduacións, o día anterior ao festival quixemos despedir como se merece aos compis de sexto de infantil, que tamén se gradúan e marchan para primaria
O festival saiu a pedir de boca e a nosa actuación foi das mellores 😉😁
Despois tocou repor forzas cunha merecida merendola
E agora sí, toca descansar e disfrutar dunhas máis que merecidas vacacións de verán
Vémonos en Setembro
A disfrutar das vacacions mais que merecidas!! Po ano mais e mellor!
ResponderEliminarVémonos en setembro coas pilas cargadas😊feliz verán!!
ResponderEliminarGracias ana por ter sementeira ata o ultimo momento, bo veran para todos!!!
ResponderEliminar