miércoles, 9 de octubre de 2024

É tempo de...

... VENDIMAR, e na Sementeira estivemos buscando en internet o significado desta palabra e falamos dunha das actividades propias do outono. Aproveitamos para introducir o concepto de espiral e estivemos a practicala no encerado de xiz, no papel e tamén na PDI


































Un día que saiamos ao recreo atopamos cogomelos e foi todo un acontecemento que había que inmortalizar


O venres festexamos o cumple de MATEO

🎉🎉🎉🎉🎉🎉🎉🎉🎉

PARABÉNS!!

Preparamos o seu agasallo, Mateo apagou a candea e merendamos moi rico!













 O venres tamén fixemos estrea do Pasaporte Lector; na aula escollemos conto e facemos un rexistro individual

 



Continúa chegando material co que encher o noso recuncho
 


Co conto que trouxo Paulo averiguamos que a parte central das plumas recibe o nome de cañón; e tamén aprendemos para que serven as plumas das aves, pero antes fixemos as nosas propias hipóteses
 



Roi contounos que o seu peluche é un águia imperial




 Alba visitou a Teodoro e trouxo un álbum de fotos de recordo
 
 

Paulo investigou na casa e descubriu que existiron  dinosaurios con plumas!





Algunhas das pegatinas que trouxo Alessia empregámolas para decorar a aula






Lois trouxo un niño de paxaro que lle conseguiu o seu tío. Quedamos alucinad@s!!!


Temos pendente estrear este xogo grupal




Vaia plumas de pavo real que nos trouxeron Alba e Mía


 
 Buscamos en internet información sobre os pavos reais


Os ovos de codorniz tamén chamaron moito a nosa atención




Os nosos equipos xa teñen nome; durante este trimestre seremos a mesa dos bufos e a dos tucáns. Estamos empezando polos bufos e a cantidade de cousas e novo vocabulario que estamos aprendendo é incrible




 Aprendemos que os bufos ululan e que son aves rapaces que cazan para comer; vimos un documental que nos deixou coa boca aberta



As propostas de xogo libre destes días teñen un protagonista indiscutible










































 
 
 
 
 
 
Antes de marchar para o comedor sempre temos tempo de facer xogos grupais; pintamos na PDI un debuxo entre tod@s ou botamos unha partida a un mémori










Hoxe en ioga xogamos a dous xogos novos chamados "Sentad@ sobre un polo" e "Árbores silenciosas"

 No primeiro debemos de ser capaces de estar ben colocados na asana de "swastikasana", tranquil@s e en silencio coa espalda recta.

 A tarefa é a de averiguar a quen lle colocou a profe debaixo do cu a tarxeta do polo. Fixemos varias quendas e resultou moi divertido adiviñar quen estaba sentado sobre un polo


As árbores silenciosas é unha variante do xogo tradicional do zapatiño inglés. Camiñamos ata unha meta e cando nos digan a consigna debemos facer a asana da árbore mantendo todo o posible o equilibrio. Tamén foi un éxito




No hay comentarios:

Publicar un comentario