miércoles, 23 de octubre de 2024

Un bosque tropical

 Canto estamos aprendendo día a día sobre as aves! os bufos xa non teñen segredos para nós polo que nos propuxemos averiguar cousas sobre a ave que da nome ao outro equipo de aula, o tucán. Pero antes de empezar a buscar información, unha pregunta importante,...


 Algunhas das respostas non foron de todo desencamiñadas. Averiguamos moitas cousas curiosas sobre os tucáns: o que comen, onde viven, o que mide o seu peteiro,...


O que máis nos gustou foi a variedade de tucán "Toco" e traballamos sobre él. Averiguamos que o seu peteiro mide 20cm e coa axuda dun metro fixémonos unha idea da súa lonxitude (non teño fotos pero foi unha actividade coa que nos asombramos ao comprobar o longo que teñen o peteiro estas aves).

 Tamén vimos debuxos animados cos que tamén aprendemos moito!

Decidimos crear un bosque tropical no corredor e o primeiro que fixemos foi construír unha árbore. Ir a buscar o papel para facer o tronco e as ramas foi o momento máis divertido de toda a semana










Unha vez na aula e recortado en tiras o papel, tocaba facer moita forza coas mans para retorcelo e convertelo en ramas









Axudamos á profe a pegalas e ir dando forma á nosa árbore tropical

Por último coloreamos os nosos tucáns



O resultado final non nos pode gustar máis





















 E como non podemos estarnos quiet@s, continuamos decorando o corredor, esta vez cun bosque máis parecido aos que temos por Galicia e enchemos as ramas das árbores de casiñas de paxaros





 

















 Os nosos amigos os bufos tamén tiñan que ter un sitio de honra e fixemos unha manualidade e un debuxo que xa decoran a parte superior dos nosos percheiros








 














Para debuxar un bufo primeiro practicamos no encerado; tivemos dous compis voluntarios que seguiron as consignas da profe e o resultado foi magnífico. Despois fixémolos de xeito individual nun folio
 
 

 
 







 


 
Moitas das cousas que aprendemos deixámolas rexistradas de xeito individual nas nosa tarefas impresas














 Para rematar esta entrada, contarvos que temos un mémori moi especial na aula, que estreamos esta semana por todo o alto






Por certo, xa se achega a época máis terrorífica do ano e a entrada de Educación Infantil está preparada para asustar a todo o que nos visite




1 comentario:

  1. Todo xenial coma sempre pero ese bosque tropical quedouvos espectacular!!! Sodes uns/as artistas!

    ResponderEliminar