Menudo ritmo acelerado que levamos na Sementeira durante esta última semana. Empezamos polo importante, que foi a celebración do aniversario da nosa compañeira MÍA
Soprou a candea, comemos biscoito e levou para casa o seu agasallo
Paulo foi o encargado e coloreu no calendario o día que tiñamos marcado de recordatorio |
Ese mesmo día recibimos a visita de dous cociñeiros que nos invitaron a unha tapa de mexilón con humus de fabas de Lourenzá, toda unha exquisitez culinaria aínda que teño que dicir, que non foron moitos os peques que se animaron; os que a probaron dixeron que estaba moi rica! De agasallo levamos tod@s para casa unha pulseira. Foi unha actividade ofertada pola Xunta de Galicia pensada para animar á cidadanía a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.
Fixemos grafismos creativos nuns bufos que colgamos no corredor e traballamos de paso trazos básicos da pre-escritura
Empregamos depresores que tiñan diferentes modelos de trazos e foi a sorte a que decidiu cales tiñamos que practicar |
O luns asistimos a un concerto a cargo da Fundación IgualARTE, un espazo no que as persoas con diversidade funcional atopan na música un medio de expresión artística. O grupo De Fusión, que nos visitou, buscaba facer unha chiscadela ás nosas raíces e ao que somos sen perder de vista novas sonoridades. E vaia se o conseguiu!! pasámolo xenial con Marcos e os seus músicos
Déixovos uns pequenos vídeos que recollen algúns dos momentos máis divertidos do concerto
Cando nos sobra algo de tempo entre unha actividade e outra, compartimos xogos de construcións nos equipos
Seguindo con manualidades relacionadas co proxecto, foi o turno das galiñas. Primeiro practicamos a idea do debuxo na PDI e despois levámola ao papel. Foi unha tarefa que aínda que nun principio parecía sinxela, deunos bastante traballo, pero o resultado final ben mereceu o esforzo
No hay comentarios:
Publicar un comentario