A semana pasada empezamos unha actividade especial na Sementeira porque empregamos as tesoiras e tod@s tiñan moitas ganas de demostrar a súa destreza no seu manexo. A iso témoslle que engadir que está a ser unha actividade en parella, polo que xa temos unha motivación extra. Coloreamos un loro e recortamos tiras de papeis de cores para facerlle unha cola moi vistosa, pero antes de pegalas dobrámolas en abanico para darlle volume. Aínda non os temos todos rematados pero algúns deles xa andan revoloteando polo corredor
O venres pasado tivemos festa na Sementeira porque NOEL estivo de aniversario
Fixemos o seu agasallo, comemos biscoito e levamos para casa un regaliño que nos trouxo o noso compi

Xa temos rematadas as nosas portadas
Xa sabedes que nos encantan os xogos en grupo e fixemos estrea dun no que o máis importante é colocar as pezas manténdoas en equilibrio (empregando soamente unha man) e conseguimos rematar a ronda de xogo con soamente dúas pezas no chan. Un gran traballo en equipo!
As caras de concentración máxima non teñen desperdicio ;)
E para rematar, aí vai unha selección de fotos nas que nos podedes ver concentrad@s disfrutando das propostas de libre circulación destes últimos días