Estes últimos días de cole antes do verán están a ser moi divertidos na Sementeira. Empezamos o día cantando, gozamos das zonas exteriores do cole a lume de biqueira, facemos manualidades, estreamos novas propostas manipulativas e non temos tempo para aburrirnos!
Xa temos rematadas as nosas bolsas para levar os traballos do último trimestre de curso. ENCÁNTANNOS!
Unha vez rematadas as bolsas, foi o turno das portadas. Faremos unha paisaxe estival cun cangrexo como protagonista
Hoxe pintamos con acuarelas; queda pendente rematalas ao longo destes días
O momento de xogar coa plastilina xa é de seu moi divertido, pero se lle engadimos as nosas fotos e deixamos voar a imaxinación, pasa a ser unha das actividades favoritas estes días na aula
A semana pasada aproveitamos o día de máis calor para trasladar a aula ao patio. Lemos o conto, traballamos, fixemos picnic, xogamos e decoramos o exterior do noso cole ;)
Remato esta entrada cunha das cancións que cantamos dentro da rutina de benvida ao cole. Cabe dicir que cando non son conscientes de que os-as estou gravando son moito máis espontáne@s e participativ@s pero xa sabedes que a cámara moitas veces intimida
😃
No hay comentarios:
Publicar un comentario