miércoles, 28 de mayo de 2025

Resumo de actividades

 A pesar de que xa falta pouco para que acabe o curso, na aula seguimos aprendendo co noso proxecto. E a decoración do corredor axúdanos a manter vivas as nosas ganas de investigar cousas novas. 
























Continuamos co noso libro do Paxaro de Lume. Xogando a pensar, imaxinamos ser o terrible Kaschei e decidimos cal sería o noso poder maléfico










Invitados polo CIM Terras de Iria asistimos a unha representación teatral a cargo da compañía "Trémola Teatro"; a través do conto "Daniel e Daniela" faláronnos da igualdade de xénero










 






















Empezamos a facer as nosas bolsas de fin de trimestre. A protagonista é unha gaivota. Dividimos a bolsa en tres partes diferenciando entre praia, mar e ceo, e demos cor empregando pinceis grosos e témpera
 








Hoxe tiñamos previsto volver ao Auditorio de Padrón para disfrutar da obra "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" pero por desgraza a visita foi cancelada no último momento por un imprevisto axeno ao cole. Levamos un pequeno disgusto pero non hai mal que por ben non veña así que quedarnos na aula permitiunos continuar coa decoración das nosas bolsas







E ao longo da semana, mentres uns traballan outros gozan das propostas de libre circulación
 






































No hay comentarios:

Publicar un comentario