miércoles, 7 de mayo de 2025

Arrincamos motores

Chegamos da Pascua a tope e como todavía tiñamos que festexar a "Pascuilla", o primeiro día de cole despois das vacacións escollemos unha manualidade para colorear e disfrutar dela para despedir as festas. Buscamos ideas en internet e cadaquén escolleu o que máis lle gustou

 















 Rematamos o día de picnic

Festexamos o Día do Libro por partida dobre porque a nosa compañeira JARA naceu nun dos días máis significativos do ano











Compartiu biscoito cos compis e bombóns coas profes ;)
 
 






 Visitamos a Feira do Libro que se organizou dende a biblioteca do cole e mercamos dous contos para a nosa colección de aula, pero esquecemos sacar fotos
 
 
Varias das propostas de xogo estiveron relacionadas coa lenda de "San Jorge y el dragón"
 












 Estas propostas gustaron moito e hoxe aínda estivemos xogando con elas antes de volver a cambialas por outras
 

















 
Debuxamos o dragón e tamén as rosas que brotan da súa sangue
 
 

 

























Comezamos con nova decoración no corredor. 
Esta vez foi o turno dos parrulos, que pintamos con témpera sólida
 












Decoramos o Kikiriñeiro cunha pequena manualidade onde xogou un papel moi importante a agudeza visual, pois debíamos fixarnos en moitos detalles á hora de colorear (non pintar o ovo do pitiño que está eclosionando, deixar en branco o ovo que está enteiro, puntear no pitiño que xa naceu, buscar e colorear unha cresta,...)
 


 










 Unha das primeiras actividades que levamos a cabo ao volver das vacacións foi o reconto do rexistro do tempo que fixemos ao longo do segundo trimestre
 






 



A semana pasada as compañeiras da Pementeira ao sair ao patio atoparon unha cría de paxaro nas escaleiras; buscáronlle un refuxo provisional e levárono a xunto de Manolo, que sempre soluciona este tipo de "imprevistos"

 

 

Aproveitamos para filosofar un pouco sobre o motivo polo que o paxariño caeu do niño


 Despois fixemos un debuxo individual sobre a primavera 






Fixemos estrea dos novos equipos de aula. Ao longo deste último trimestre investigaremos sobre aves raras e curiosas cuxo nome e características non son moi coñecidas. Lembrade que se queredes, podedes seguir aportando material para o noso recuncho que estea relacionado con esta última temática do proxecto Plumas


 Na sesión de ioga da semana pasada practicamos as asanas do guerreiro e do triángulo, e fixemos tamén unha postura en parella

 




















Hoxe adicamos a sesión a facer mandalas

 








 







Os mércores aproveitamos que a profe Marta está connosco e a última hora da mañá desdobramos o grupo. Nunha rotación semanal un equipo queda na aula facendo tarefas variadas (depende do que esteamos a traballar) e o otro equipo realiza unha sesión de estimulación da linguaxe oral na aula de desdobre



 As fotos que acabades de ver corresponden ao trimestre pasado. Hoxe ao equipo "Secretario" tocoulle quedar coa profe Ana e rematamos parte dunha actividade que estamos a preparar con motivo do Día das Letras Galegas; estivemos na aula de usos múltiples e cando rematamos, bailamos e disfrutamos do xogo simbólico. Os nosos compañeiros e compañeiras do equipo "Pato Mandarín" estiveron de faladoiro con Marta e para a semana que vén cambiaremos os turnos







 Non deixamos pasar a ocasión de falar do apagón que sufrimos a semana pasada

 

 




No segundo trimestre a historia do Paxaro de Lume calou fondo na Sementeira polo que iniciamos un libro de actividades que temos previsto rematar co final de curso. 
 







No xardín do xigante Kaschei, o protagonista malvado da historia, medra unha maceira máxica con mazás douradas e nós xogamos a averiguar cales eran os seus poderes
 

 













 

 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario