O pasado luns día 8 de setembro demos comezo a un novo ano escolar e a Sementeira abriu as súas portas para acoller ao alumnado de último curso de Educación Infantil
Temos dúas novas incorporacións que, dende o primeiro momento, se integraron estupendamente.
Benvidos Lucas e Helena!
Ao longo desta primeira semana reencontrámonos cos compañeiros, retomamos vellas rutinas de funcionamento de aula e engadimos algunhas novas, estreamos a plastilina, gozamos dos contos, exploramos as diferentes propostas de traballo,... e xa tivemos aos primeiros axudantes da profe
Jara o xoves e Lucas o venres foron os primeiros axudantes da profe. O venres introducimo unha nova rutina de traballo para o momento do panel, da que tod@s participamos entusiasmad@s


Varios compis quixeron compartir connosco as súas aventuras de verán e trouxeron o diario que fixeron ao longo destes meses na casa
Disfrutamos do conto "Confundindo historias" e fixemos as nosas particulares Carapuchiñas

O mércores retomamos as nosas sesións de ioga e foron un éxito. Practicamos varias asanas e demos o pistoletazo de saída ao rexistro do noso "Froitómetro"
Festexamos os aniversarios de Helena e de Alessia, que trouxeron merenda e agasallos para tod@s!

No hay comentarios:
Publicar un comentario