A semana pasada retomamos unha das actividades máis exitosas da Sementeira, o noso préstamos de libros da biblioteca de aula. Este ano recibe o nome de "LECTAURANTE" e, ao longo dos venres, iremos facendo un rexistro das nosas comilonas de libros no que anotamos título do conto, editorial, autor ou autores e se ten reseña ou non; rematamos ilustrando a portada.
Os venres visitamos a biblioteca do cole
O venres pasado aproveitamos para mandar unha nota na libreta avisando de que levabamos un conto para casa; entre
tod@s redactamos a nota e copiámola da PDI. Ao rematar disfrutamos
dunha selección de contos en letra maiúscula e textos curtos cos que
enredamos intentando decodificar e/ou ler algunhas palabras.
De volta para a aula atopámonos cunha exposición de cabazas dignas de admirar
Dende a biblioteca organizan un concurso para escoller unha mascota que será a protagonista da temática do centro: os xogos olímpicos. Na Sementeira participamos elaborando un debuxo colaborativo no que participamos tod@s e explicamos as características de "Pandereta", pois así decidimos que se chamaría a nosa mascota. Agora toca esperar polo resultado do concurso ;)
Coa chegada do mes de Outubro, festexamos o aniversario de MATEO
Seguimos analizando contos de Carapuchiña e disfrutando das propostas de xogo; nos ratos de "lectura" comparamos ilustracións, buscamos aos lobos, miramos se saen leñadores ou cazadores, lembramos as historias xa contadas,...
Fixemos a nosa primeira sopa de letras
As propostas de outono seguen presentes no momento de xogo libre e temos compañeir@s que se esforzan moito e sempre escollen as que requiren máis esforzo e concentración ;)
Hoxe levamos a cabo unha actividade matemática na que empregamos os bloques lóxicos para ir encadeando sumas; entre tod@s chegamos contando ata o número 123. Encantounos !!
No hay comentarios:
Publicar un comentario