jueves, 22 de enero de 2026

Novidades

 Empezamos o segundo trimestre con algunhas novidades na aula. A máis importante de todas sen dúbida é a chegada dunha nova compañeira. 

BENVIDA MÍA ANTONELLA!



 A segunda novidade ten que ver cos cumples porque o 2026 é o ano no que festexamos o 6º aniversario dos Sementeiros e Sementeiras. Estreouse PAULO MIRAMONTES pois é o primeiro en cumplir anos. Esta vez o agasallo dos compañeiros e compañeiras vai en forma de libro de debuxos e tamén recibe unha chapa de parte de tod@s (esquecemos sacar foto coa chapa). Ata temos un globo que acredita a nosa idade ;)









 




 Na hora do panel temos tamén novidades; realizamos moitas actividades manipulativas relacionadas coa lóxica-matemática; seguimos descompoñendo números (unha actividade que lles encanta aos Sementeiros e Sementeiras), realizamos sumas máis complexas,...

 

 Engadimos uns números de madeira cos que grazas á correspondencia valor-altura, se poden realizar multitude de actividades. É posible ordenar os números de menor a maior segundo o seu tamaño e que o resultado sexa correcto numericamente, e tamén se poden levar a cabo operacións matemáticas. Por exemplo, agrupando o número 6 e o 4, a altura total será a mesma que a do número 10, é dicir, o resultado da suma. Esta tarefa foi a que levou a cabo hoxe o encargado.

 

 Hoxe xogamos cos pares e impares.










 Como aquí non rematan as novidades, ao rematar o panel buscamos un poema de Gloria Fuertes e facemos un debuxo seguindo as súas indicacións; botamos moitas risas con esta actividade!





O libro de Paulo trae unha recopilación de poemas para debuxar





   Xa temos nas nosas mans o periódico do primeiro trimestre. Levarémolo este venres co conto semanal.









 Remato esta entrada no blog, contándovos a actividade que levamos a cabo o venres pasado na biblioteca; levamos un conto da aula e conversamos sobre él; as respostas dos Sementeiros e Sementeiras non teñen desperdicio. Fixemos un faladoiro tan longo que xa non tivemos tempo de disfrutar dos contos da biblioteca do cole ;)


 

  QUE COUSAS ODIADES?

- FÚTBOL

- VOMITAR.

- LOS JUGUETES DE NIÑOS PEQUEÑOS.

- QUE ME PIQUE UN MOSQUITO.

- QUE ME PEGUE MI HERMANO.

- QUE ME RABUÑE O GATO.

- LAS K-POP. 

- QUE MI PADRE ME DÉ EN LA CABEZA CON UN MARTILLO.

- LAS ARAÑAS.

- QUE ME QUEME CON FUME.

- CASARME.

- LA LAVA.

- QUE MI HERMANO ME DÉ UNA BOFETADA.

- QUE EN LA OFICINA DE MI MADRE SE PRENDA LUME.

- QUE LLUEVA.

- QUE LOS POLICÍAS ME METAN EN LA CARCEL.

- CORTARME.

- QUE ME SALPIQUE UNA GOTA DE ACEITE.

- QUE ME CAIGA DE CULO Y QUE HAYA UN CHARCO.

- QUE MI HERMANO ME DÉ UNA PATADA.

- QUE ME ATRAGANTE.

- QUE ME DEN UN BICO.

- QUE MI PADRE VENGA DEL TRABAJAR CON LA ROPA DEL TALLER.

- IR AL HOSPITAL.

- QUE MI MAMÁ SE TRAGUE LAS PASTILLAS PORQUE LLEVAN AZÚCAR.

- QUE NOS PORTEMOS MAL.

- QUE EL SUELO SEA LAVA.

- MATAR COMO DONALD TRUMP.

- QUE MI MADRE NO ME DEJE JUGAR CON LA CANASTA.

- LOS CHICOS DEL SODA POP.

- VESTIRME YO SÓLA.

- LOS DEMONIOS.

- QUE ME PIQUE EL CUERPO.

- QUE MI ABUELO MATE ANIMALES.

- QUE CANDO ESTEA DURMINDO ME MOLESTEN OS PELOS E QUE A MIÑA PERRITA NIEVE MATE AO CONEJO DE MAMÁ.

- O GRINCH.

- QUE MI ABUELO ME DÉ CON LA ESPADA EN EL CULO Y ME PINCHE EL CULO.

- QUE MI HERMANO NO ME COMPARTA.

- QUE MI MADRE SE CASE.

- QUE MI HERMANO ME REPITA.

- QUE MI HERMANA ME APAGUE LA LUZ. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario