miércoles, 4 de febrero de 2026

Contacontos

 A semana pasada demos comezo ás sesións de contacontos en familia.

 A primeira en visitarnos foi IRENE, a mamá de ALBA, que nos contou un conto que deixaron os Reis Magos na súa casa este Nadal.

 












Para agradecer a visita, Alba fíxolle entrega dun Diploma


 E como o protagonista era un lobo e xa estamos en tempo de Entroido, agasallounos con todo o material necesario para elaborar unhas caroutas coas que asustamos a medio cole ;)




 











 





 
 
  Onte recibimos a visita de ANTONIO, o papi de ROI, que nos contou a historia de como Obelix caeu na marmita da poción máxica cando era pequeno. Canto disfrutamos cos nosos amigos os Galos!

  










 

 Hai tempo na biblioteca disfrutamos das aventuras de Asterix e Obelix e que o papá de Roi nos sorprendera con este libro foi unha grata sorpresa para tod@s

 









AGRADECEMOS INFINITO A VOSA COLABORACIÓN FAMILIAS! MOITAS GRAZAS

Como xa se achega o Entroido, onte aproveitamos a mañá para decorar as fiestras da Sementeira. Empregamos o confeti que fixemos coa axuda das troqueladoras que nos deixaron os Reis Magos e utilizamos a plastificadora por primeira vez. Éxito asegurado na actividade!















 






























A decoración do corredor está tomando moito protagonismo; todas as aulas de Infantil fixemos paracaídas dos que colgan os nosos contos favoritos.

 








E seguindo coa decoración, a semana pasada rematamos a nosa porta