A semana pasada demos comezo ás sesións de contacontos en familia.
A primeira en visitarnos foi IRENE, a mamá de ALBA, que nos contou un conto que deixaron os Reis Magos na súa casa este Nadal.
Para agradecer a visita, Alba fíxolle entrega dun Diploma
Hai tempo na biblioteca disfrutamos das aventuras de Asterix e Obelix e que o papá de Roi nos sorprendera con este libro foi unha grata sorpresa para tod@s
AGRADECEMOS INFINITO A VOSA COLABORACIÓN FAMILIAS! MOITAS GRAZAS
Como xa se achega o Entroido, onte aproveitamos a mañá para decorar as fiestras da Sementeira. Empregamos o confeti que fixemos coa axuda das troqueladoras que nos deixaron os Reis Magos e utilizamos a plastificadora por primeira vez. Éxito asegurado na actividade!
A decoración do corredor está tomando moito protagonismo; todas as aulas de Infantil fixemos paracaídas dos que colgan os nosos contos favoritos.
E seguindo coa decoración, a semana pasada rematamos a nosa porta









































































































































No hay comentarios:
Publicar un comentario