miércoles, 11 de marzo de 2026

Un día inesquecible

 Este luns quedará gradado por moito tempo nos corazóns de todo o alumnado de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria e, por suposto das mestras que tivemos o pracer de escoitar a BONIFACE OFOGO, un dos contacontos e escritores máis destacados da tradición oral africana en lingua española. Orixinario de Camerún e residente en España desde hai décadas, a súa obra é unha ponte máxica entre continentes, centrada na sabedoría ancestral, os animais da selva e os valores humanos; nós tivemos a gran sorte de poder escoitalo contar varios dos seus contos e vivimos un momento máxico co león Kandinga e o elefante que perdeu un ollo. Moitísimas grazas Boniface pola túa visita e a túa maxia.























Hoxe tamén foi un día especial pois recibimos a visita dunha pequena delegación da ONG Manos Unidas. A través dun conto e dunha actividade oral traballamos na concienciación ambiental e aprendemos a valorar un pouquiño máis o noso planeta Terra.








 










No hay comentarios:

Publicar un comentario