lunes, 27 de abril de 2026

Remix de actividades

 Cantas cousas temos para contarvos dende a Sementeira!

Empezamos polo que máis nos está gustando estes días, e que non pode ser outra cousa que as recreacións en familia das portadas dos nosos contos favoritos; temos un lugar especial para todas as vosas achegas e queremos enchelo de portadas así que animádevos a seguir participando!

 














Xa temos na casa o noso periódico trimestral co que recollemos moitas das actividades levadas a cabo nas aulas de infantil ao longo do segundo trimestre



 
 
 
 Os luns despois do recreo aproveitamos a sesión para xogar en gran grupo; os xogos de mesa axudan a mellorar a concentración, a memoria e o pensamento lóxico, mentres ensinan a respectar normas, xestionar a frustración, colaborar con pares e desenvolver habilidades de comunicación e empatía, ademais de facernos pasar momentos realmente divertidos
 






 Hoxe xogamos cos equilibrios

 




Na asamblea continuamos afianzando contidos matemáticos; aprendemos a facer sumas "levando" e tamén a representar as decenas e as unidades










Continuamos recibindo a visita das familias para contarnos un conto. Eva, a mamá de Jara visitounos a semana pasada para contarnos o conto da galiña Cocorina

 









 






Tamén festexamos o sexto aniversario de Jara













Jara naceu o mesmo día en que celebramos o Día do Libro e agasallounos cunha manualidade relacionada coa historia de "San Jorge y el dragón", un conto que coñecemos ben na Sementeira



 Para conmemorar o Día do Libro trouxemos da casa os nosos contos favoritos e estamos a compartilos cos compañeiros e compañeiras. Xa temos dúas caixas cheas e cada día segue chegando algún conto novo. Que marabilla!



Sempre que podemos, continuamos coas nosas visitas á biblioteca do cole

   










As propostas de xogo volveron a ser variadas e divertidas; mémoris, sumas e restas, a serie numérica, as decenas, cadros de dobre entrada, quebracabezas,... un sinfín de actividades de participación libre coas que aprender ao tempo que xogamos

 



























Realizamos unha actividade plástica na que xogaba un papel moi importante a observación pois debemos recrear no papel o que viamos diante nosa,...

 

... un xerro con dúas calas que lle regalou Mía á profe Ana

 













































E, seguindo coas actividades de observación, fixemos o noso primeiro AUTORRETRATO



















Ao longo do trimestre levaremos a cabo diferentes actividades coas que mellorar a representación do esquema corporal; unha das primeiras actividades foi precisamente elaborar un autorretrato para pouco a pouco, ir mellorando e introducindo detalles máis precisos no debuxo.













 Pronto vos amosaremos os nosos avances

;) 


No hay comentarios:

Publicar un comentario