Ao longo do curso e, dentro do noso proxecto Blablalandia, cada trimestre adicámolo a un conto tradicional. No primeiro trimestre foi "Carapuchiña vermella", no segundo "A casiña de chocolate", e no terceiro trimestre a historia escollida foi "Xoán e as fabas máxicas".
Decoramos o corredor en colaboración coa aula de tres anos. O primeiro que fixemos foi retorcer papel para facer a planta, unha actividade motriz que esixe facer moita forza coas mans
Despois convertémonos nos protagonistas da decoración pois sacamos unhas fotos coas que aparecemos gabeando polas fabas
Unha vez descuberto, xa forma parte do noso mural
Hoxe xa presentaban este aspecto
As actividades impresas tamén xirarán arredor do conto tradicional inglés
Debuxamos a nosa propia planta máxica
E tamén debuxamos ao ogro, falando antes de todas as características que debía reunir o debuxo e fixándonos en engadirlle todos os detalles posibles
Seguen chegando recreacións de portadas de contos. Moitas grazas pola vosa participación!
A mamá de Paulo Miramontes visitounos cargadiña de contos que disfrutamos a tope!
E a mamá de Alessia tamén veu pola Sementeira de visita
Sempre que temos tempo aproveitamos para disfrutar do patio grande
E continuamos coas sesións de ioga dos mércores, esforzándonos na práctica das asanas
































































































































































































































