A nosa compañeira Paula fixo este comentario: - está muerta!
estas son as torres que coñecemos |
Despois decidimos comezar a colocar ladrillos, pero tiñamos a seguinte consigna: tiñan que ser iguais. Así que nos puxemos a buscar entre unha enorme morea de ladrillos todos aqueles que cumprisen ese requisito.
O resultado final da sesión foi o que podedes ver a continuación
Non nos resistimos a comparar a altura da torre coa altura dos nosos compañeiros.
Tamén pensamos un lugar para colocar a nosa torre na aula. Despois de moito deliberar decidimos poñela a carón da fiestra.
En días sucesivos seguimos colocando ladrillos sempre atentos á consigna de que tiñan que ser iguais.
Cando foi preciso tivemos que subir a unha silla; e despois tivemos que buscar outra aínda máis alta.
Pero chegou un momento en que nin subidos á silla eramos quen de colocar os ladrillos. E a moitos compañeiros/as se lles ocurriu a idea de subir a unha mesa. Pois alá fomos (encantounos, claro. Foi o mellor momento do día)
O último compañeiro en intentar colocar un ladrillo foi Luis, pero non era capaz porque non lle chegaba.
A profe Ana preguntou: - que facemos?
E Roi contestou: - pues comer más.
Entón algúns nenos e nenas dixeron que eles/as sí eran capaces de chegar porque eran máis altos/as. E claro, tivemos que comprobalo:
algúns intentaron facer trampa verdade?
Despois de comprobar que Luis era un neno alto e que ninguén máis chegaba ata arriba da torre decidimos que necesitabamos unha escaleira. E quen ten unha no cole?... Manolo!!! así que en canto o vexamos habemos de pedirlla para seguir a nosa construción para a que, por certo, xa estamos buscando un nome.
TODO TIENE SU EXPLICACION. LA TORRE DE PISA NO SE ESTÁ CAYENDO, LA HICIERON LOS NIÑ@S ITALIANOS! AL FINAL, TODO SE SABE.
ResponderEliminarNOS ENCANTO LA RESPUESTA DE ROI, LOS HAY INGENIOSOS.
A LA VUELTA DE LAS VACACIONES HABRÁ QUE PENSAR EN CONSTRUIR UN PUENTE.
UN BESOS PARA LOS FUTUROS ARQUITECTOS E INGENIEROS DA AULA A SEMENTEIRA.
Puff! Veo que la cosa está complicadilla. ¡Menos mal que todo el grupo tiene buenas ideas y ganas de trabajar! Así seguro que la torre, al final, va a ser mucho más bonita que esas que tenéis en las fotos en clase. ¡Venga, ánimo! y ya nos invitaréis a verla cuando esté acabada.
ResponderEliminar