miércoles, 19 de diciembre de 2012

A Torre de Pisa na "Sementeira"


A construción da nosa torre estanos a dar algún que outro problema. O principal é... QUE NON SE MANTÉN EN PÉ!!! (algo imprescindible se realmente queremos chamar "torre" á nosa construción non vos parece). Mirade o desastre:
 A nosa compañeira Paula fixo este comentario: - está muerta!

Tivemos que arrimala contra a parede porque non se suxeitaba. O lado positivo (sempre hai que buscalo) é que se parece un pouco á Torre de Pisa (salvando distancias, claro). Temos fotos na clase de varias torres famosas e moitos nenos e nenas non tardaron en buscar similitudes con algunha delas. Que vos parece? a que non está mal a nosa apreciación?
estas son as torres que coñecemos
estaba claro que a nosa torre tiña que chegar ata o teito así que decidimos entre todos/as desfacela (foi un momento bastante decepcionante na aula). A profe explicounos que todas as torres famosas das fotos tiñan unha base ancha e comprobamos que a base da nosa era moi estreita. Así que comezamos de novo a nosa construción. Aquí están as fotos:

Despois decidimos comezar a colocar ladrillos, pero tiñamos a seguinte consigna: tiñan que ser iguais. Así que nos puxemos a buscar entre unha enorme  morea de ladrillos todos aqueles que cumprisen ese requisito.

O resultado final da sesión foi o que podedes ver a continuación
Non nos resistimos a comparar a altura da torre coa altura dos nosos compañeiros.
Tamén pensamos un lugar para colocar a nosa torre na aula. Despois de moito deliberar decidimos poñela a carón da fiestra.

En días sucesivos seguimos colocando ladrillos sempre atentos á consigna de que tiñan que ser iguais.
Cando foi preciso tivemos que subir a unha silla; e despois tivemos que buscar outra aínda máis alta.

Pero chegou un momento en que nin subidos á silla eramos quen de colocar os ladrillos. E a moitos compañeiros/as se lles ocurriu a idea de subir a unha mesa. Pois alá fomos (encantounos, claro. Foi o mellor momento do día)



O último compañeiro en intentar colocar un ladrillo foi Luis, pero non era capaz porque non lle chegaba.
A profe Ana preguntou: - que facemos?
E Roi contestou: - pues comer más.
Entón algúns nenos e nenas dixeron que eles/as sí eran capaces de chegar porque eran máis altos/as. E claro, tivemos que comprobalo:
 algúns intentaron facer trampa verdade?

Despois de comprobar que Luis era un neno alto e que ninguén máis chegaba ata arriba da torre decidimos que necesitabamos unha escaleira. E quen ten unha no cole?... Manolo!!! así que en canto o vexamos habemos de pedirlla para seguir a nosa construción para a que, por certo, xa estamos buscando un nome. 







2 comentarios:

  1. TODO TIENE SU EXPLICACION. LA TORRE DE PISA NO SE ESTÁ CAYENDO, LA HICIERON LOS NIÑ@S ITALIANOS! AL FINAL, TODO SE SABE.
    NOS ENCANTO LA RESPUESTA DE ROI, LOS HAY INGENIOSOS.
    A LA VUELTA DE LAS VACACIONES HABRÁ QUE PENSAR EN CONSTRUIR UN PUENTE.
    UN BESOS PARA LOS FUTUROS ARQUITECTOS E INGENIEROS DA AULA A SEMENTEIRA.

    ResponderEliminar
  2. Puff! Veo que la cosa está complicadilla. ¡Menos mal que todo el grupo tiene buenas ideas y ganas de trabajar! Así seguro que la torre, al final, va a ser mucho más bonita que esas que tenéis en las fotos en clase. ¡Venga, ánimo! y ya nos invitaréis a verla cuando esté acabada.

    ResponderEliminar