martes, 12 de febrero de 2013

Festa de Entroido

 O venres día 8 celebramos o Entroido no cole cunha festa moi especial. Pola mañán chegaron @s verdadeir@s protagonistas do día: @s cantantes, que tiveron unha actuación moi aplaudida por todos os compañeiros e compañeiras do cole. Pasámolo estupendamente, bailamos, cantamos e rimos un montón. Aquí tendes as fotos do día.
Primeiro fixemos as fotos de benvida na aula:
 Despois, o Photocall. Aquí temos madeira de artistas eh?
E chegou o momento estelar: o noso desfile
 Despois disfrutamos moito do festival.
Gustáronnos moito as actuacións dos maiores.
 Aquí vos deixo un vídeo das nosas compañeiras máis bailonas
E non podía faltar a xa tradicional merendola de entroido.
Moitas grazas polas vosas portacións culinarias!
Estaba todo de rechupete: filloas con chocolate, flores, rosquillas, moreas de orellas,....


Para rematar, unhas fotos d@s profes que tamén quixeron posar no photocall

6 comentarios:

  1. QUE BUENO!!! Coma sempre estades todos requetebén!! Dende logo que os profes o traballades a tope!! Vexo que Daniela aínda posou en algunha ocasión... pero bueno... moito non disfrutou... un bico enorme para todos!!

    ResponderEliminar
  2. ¡Que festaza de Entroido en Infantil! Estaban todos os pequerrechos da "Sementeira" guapísimos (e a súa profe tamén feita toda unha rockeira). ¡Menudas estrelas que hai en Padrón! Xa veredes no festival de fin de curso, porque estas carreiras musicais non rematan aquí, eh! non pensedes... isto vai a máis. ¡Parabéns "sementeiros"!

    ResponderEliminar
  3. Temos que ir pensando na actuación de fin de curso porque con estos nenos e nenas tan artistas temos que facer algo que se recorde en Padrón por moito tempo!!
    Daniela pasouno ben a ratos; co tempo acostumbrarase mami non te preocupes; pero ten madeira de artista. ¿fixácheste na foto de clase onde está co micro posando? está auténtica!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A verdade é que ten unha pose moi traballada sí jajaja menos mal que se comportou un pouco no cole porque na casa antes de ir.... Saltaron chispas jajaja así foi que lle tiña máis cousas preparadas e ela non se me prestou nin para poñer o pantalón. Ana, ti estás para ir a Eurovisión jaja. Do CEIP Rosalía de Castro a representar a España.

      Eliminar
  4. CLAUDIA: LOS NIÑOS Y NIÑAS DEL AULA SEMENTEIRA LO HICIERON REQUETEBIÉN! ESTOY ORGULLOSA DE VOSOTR@S. FUE UN DÍA GENIAL.
    MAMÁ DE PABLO: SOLAMENTE UNA COSA ANA: GRACIAS!

    ResponderEliminar
  5. Guapísim@s tod@s, cada cal máis orixinal. O que non sei é onde se puido meter a profe Ana porque se perdeu un espectáculo xenial, pero dende logo, a rockeira que veu no seu lugar estaba estupenda e moi "sexy".
    Encantáronme os disfraces, pero o do "photocall" foi unha idea fantástica. Quedou estupendo. Noraboa a todos.

    ResponderEliminar