martes, 5 de febrero de 2013

Mensaxes de PAZ

Tiñamos pendente festexar como se merece o Día da PAZ, posto que a actividade que estaba programada polo Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares do cole para o día 30 de Xaneiro tivo que ser aprazada porque ese día chovía a mares. Este Luns o ceo concedeunos un respiro e puidemos facer unha solta de globos con mensaxes de Paz escritos polos nenos e nenas do cole. Días atrás na aula, os sementeiros e sementeiras pensamos a mensaxe que queríamos que fose nos nosos globos, a profe escribiuna e nós démoslle o noso "toque sementeiro". Tivemos que estar tod@s de acordo no texto das mensaxes e levounos un tempo decidirnos, pero ao final escollemos os seguintes:
- Nos tenemos que portar requetebién para que haya Paz.
- La paloma MariPaz vuela por  el aire de Padrón.
Compuxemos con letras móbiles a palabra PAZ
Escribimos as ideas na pizarra
Aquí estamos traballando nas nosas mensaxes
Mentres agardábamos a solta "oficial" de globos, estivemos moi entretid@s facendo os nosos propios GLOBOS DE PAZ para o corredor do cole.
O Luns pola tarde estabamos moi emocionad@s porque por fin chegara o momento de soltar os nosos globos. Pero antes esperábanos unha sorpresa porque as pombiñas MariPaz estaban agardando que os nenos e nenas de infantil as soltaran para levar os nosos mellores desexos de PAZ con elas polo mundo adiante.

 
 E chegou o momento da solta de globos. Pero a sorte non estivo do noso lado e os nosos globos non foron capaces de elevarse no ceo. Nós pensamos que foi porque as nosas mensaxes ían moi, pero que moi cargadas de boas intencións e promesas de portarnos ben e non pelexar. E claro, eso pesa un montón!!
De todas maneiras disfrutamos un montón coa solta de globos posto que moitos deles sí saíron voando coas mensaxes escritas por outros compañeiros e compañeiras, e marcharon lonxe, lonxe,...
Quen os atopará?....ahhh iso é un misterio!
¡FOI UNHA TARDE ESTUPENDA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario