martes, 9 de abril de 2013

O Noso Primeiro Experimento

Hoxe foi un día moi especial na Sementeira porque por unhas horas a nosa clase transformouse nun verdadeiro LABORATORIO.
 Ao principio non sabíamos moi ben do que nos estaba falando a profe cando nos preguntou o que era un científico, polo que buscamos información en internet e vimos fotos de laboratorios e de diferentes materiais que se poden atopar alí. Descubrimos que na clase temos unha estantería chea de material científico: probetas, microscopio, embudes, xerras medidoras,...
Agora sí, xa estamos listos para o noso primeiro experimento:
UNHA LÁMPADA DE LAVA

Material Necesario:
- unha botella.
- aceite.
Buscamos lámpadas de lava en internet
- auga.
- colorante alimentario.
- un embude.
- pastillas efervescentes (alka-seltzer) 

Aquí están as fotos d@s científic@s en acción
explicadas paso a paso:
 





PASO 1: botar unha pouca de auga na botella coa axuda
 do embude

PASO 2: botar colorante alimentario na auga. 
Ainhoa, a encargada, escolleu a cor azul.
A primeira sorpresa do experimento foi ver como a auga se volvía de cor azul.
PASO 3: botar aceite dentro da botella.
Decatámonos de que o aceite e a auga non se misturan.
 PASO 4: botar dentro da botella un anaco de pastilla efervescente (alka-seltzer).
Comprobamos que se forman burbullas que suben e baixan
igual que as lámpadas de lava
¡ Experimento Conseguido !
Pola tarde tocou recoller todo o aprendido nunha ficha.

O noso primeiro experimento foi todo un éxito. 
A semana que ven máis.



3 comentarios:

  1. Que guay!!! Menudo experimento... Están feitos uns científicos... Vexo que Daniela non colabora moito e é que as vacacións de Semana Santa non lle prestaron moi ben... Neste curso fan de todo, pintar, plastilina, debuxar, escribir, xogar... e agora, o que faltaba, ExPeRiMeNtOs!!! Que maravilla!!! Moitos bicos para todos...

    ResponderEliminar
  2. A ver se este comentario me aparece por fin, porque últimamente, non sei porque, estánseme borrando ó acabar de confirmar a súa publicación...

    ResponderEliminar
  3. Eu estou alucinando. ¡Hai que ver que cousas facedes! Vou ter que mirar polo cristaliño da porta para ir aprendendo un pouco destes científic@s sementeir@s.

    ResponderEliminar