miércoles, 17 de abril de 2013

Un raio de SOL

Por fin! despois de tantos días de choiva saiu.... LORENZO!!!
E para festexalo o luns decidimos plantar uns "pulpos"... digo BULBOS; E que esta nova palabra confundiunos un pouco ao principio, pero agora xa sabemos distinguir un "pulpo" de un "bulbo"

Feita esta aclaración, empezamos coas fotos que fixemos ese día.
Primeiro, tivemos unha asamblea (moi especial porque a fixemos no patio), na que falamos da primavera, das plantas, do que necesitamos para plantar flores, do que era un bulbo, miramos onde teñen as raíces e para que serven, os coidados que precisa unha maceta,....
Antes de ir a comer, fixemos equipos de 3 compañeir@s para poder plantar pola tarde. Preparamos as macetas e aproveitamos para xogar a recoñecer os nomes d@s nos@s compañeir@s.
Despois de comer estivemos no patio plantando os bulbos. Primeiro tivemos que buscar todo o necesario: macetas, terra, bulbos e pas.
E despois, en grupos de tres, fixemos a nosa plantación.

O último que nos quedaba por facer era regar as nosas macetas, e como no patio non temos grifo, tivemos que facelo na clase. Eso sí, utilizamos unha estupenda regadeira.
Esperamos que o noso traballo en equipos dea pronto os seus froitos. Agardamos impacientes. Nós prometemos regar os bulbos e mimalos para que medren prontiño.


4 comentarios:

  1. iso de non ter un grifo no patio é un problema, a verdade. Teremos que solicitar que nos poñan un, jijiji, a ver se xa podemos empezar a nosa horta que xa está tardando! Tedes unhas fotos super-chulis e sei que os peques o pasaron pipa porque xa lles vin as caras cando viñan cos seus bulbos plantadiños!!!! Pero que traballadores son estes sementeiros!!! Estou abraiada!!!

    ResponderEliminar
  2. Por certo, se algún día tedes pensado plantar un pulpo, avisádeme que eu quero velo (supoño que os 8 tentáculos serían as raíces, e a cabeza ten un pouco forma de bulbo, non? así que a confusión non é tanta, non sei eu se serán da mesma familia os pulpos e os bulbos!!!!)

    ResponderEliminar
  3. Joba!! Daniela a min non me conta nada, menos mal que podo contar coas fotos do blog que senón... non me enteraba de nada!! Vexo que tades aprobeitando os raios de sol, que ben, porque os nenos tamén o agradecerán!!!! VIVA A PRIMAVERA!!!! A DISFRUTAR!!

    ResponderEliminar
  4. COMO TENGO LA SUERTE DE LLEVAR A PABLO AL COLE, ESTA MAÑANA TUVE LA OPORTUNIDAD DE VER LAS MACETAS CON LO PLANTADO Y UNA YA EMPEZO A BROTAR. ME PARECE UNA ACTIVIDAD MUY BONITA.
    A MI, PERE, PABLO ME LO CUENTA TODO (QUÉ BIEN) PERO TAMBIÉN LO CUENTA TODO EN CLASE (UY, UY).
    ESPERO QUE SIGA EL BUEN TIEMPO PARA QUE L@S NIÑ@S DE INFANTIL PUEDAN SALIR AL AIRE LIBRE.

    ResponderEliminar