Pois si, o venres pasado tocoulle o turno a Eva, a mamá de Anabel, que pasou pola nosa clase para contarnos o conto dunha ratiña moi presumida.
Despois do conto chegou o momento de repartir unha ratiña presumida para cada sementeir@. Entregounas Breixo, o encargado.
Pero aínda había outra sorpresa porque Eva regalounos... ¡chuhes!
Fixemos unha votación para ver o que comíamos antes, pero algún neno larpeiro (do que non diremos o nome), non esperou polo resultado e comeunas todiñas antes de tempo.
Coa barriga chea dispuxémonos a colorear as nosas ratiñas.
Tamén escribimos o noso nome axudándonos das tarxetas.
Mirade o lindas que nos quedaron as ratiñas
Para rematar, quixemos agradecer a visita de Eva coa entrega do diploma
Moitas GRAZAS mami!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario