martes, 14 de mayo de 2013

Letras Galegas 2013

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Roberto Vidal Bolaño, dramaturgo, actor, director,... pioneiro do teatro profesional galego.


Premendo no seu nome poderedes ver unha presentación onde se recollen diferentes datos sobre a súa vida e obra.

Nas aulas de infantil xa estamos traballando para coñecer un pouquiño polo miúdo algún dos seus poemas, concretamente un fragmento da súa obra titulada "Laudamuco, señor de ningures". Os nenos e nenas do Paseo do Espolón e da Pementeira axudaron as profes e pegaron con letras adhesivas algunhas das estrofas e así o noso corredor converteuse nun improvisado poema xigante. Nós estamos encantad@s de poder pisar todos os días un chan semellante, tan poético!
 Hoxe, despois do recreo estivemos recitando o poema e pensando no significado de cada verso

Pero ao chegar a esta estrofa tivemos un problema porque ninguén de nós sabía o significado da palabra pirinvel.E mira que buscamos no dicionario, en internet,... pero non atopamos ningunha resposta. Agradeceríamos que nos votásedes unha man para atopar o significado de tan singular palabra.

3 comentarios:

  1. HE BUSCADO EN INTERNET, HE INVESTIGADO EN LIBROS, HE PREGUNTADO A MI ALREDEDOR Y HASTA HE MIRADO EN PÁGINAS PORTUGUESAS Y... NADA DE NADA. NO SÉ LO QUE SIGNIFICA "PIRINVEL". ESPERO QUE OTRAS MADRES CONSIGAN AVERIGUAR SU DEFINICIÓN Y LA COMPARTAN CON LAS DEMÁS. LO SIENTO.
    BESOS PARA TOD@S!

    ResponderEliminar
  2. Vaia alegría que me acabas de dar Teté. Que se recoñeza o noso traballo sempre é un motivo de satisfación e unha motivación extra para seguir adiante. Moitas grazas a "nómadas no camiño"

    ResponderEliminar
  3. Por certo, o tema "pirinvel" segue a ser un misterio

    ResponderEliminar