miércoles, 15 de mayo de 2013

Teatro en Padrón

Para festexar as Letras Galegas todos os nenos e nenas de cole baixamos a Padrón para disfrutar dunha estupenda sesión teatral a cargo do grupo "Migallas" titulada "O libro máxico"
Rosiña é unha nena que ten que quedar soa na casa mentres os pais van a unha reunión. Como ten algúns problemas para rematar os deberes decide investigar nun baúl onde o pai gardou moitas cousas para que non se manchasen coa pintura, pois está pintando a casa. Alí atopa un libro vello e ponse a ler nel. Tras as primeiras liñas empezan a pasar cousas estrañas e Rosiña e os seus amigos, o público, mergúllanse na aventura de piratas que está escrita no libro.
Nin que dicir ten que o pasamos de rechupete.

2 comentarios:

  1. Guauuuu!! A segunda excursión do curso e dos pequenos!!! Que guayyy!!! Moitos bicos para tod@s!! A ver cal é a próxima...

    ResponderEliminar
  2. As profes de infantil xa estamos argallando algo pero... toca esperar!! jejeje

    ResponderEliminar