Este venres foi un día cheo de sorpresas na Sementeira.
Xoel chegou todo contento co seu regalo para toda a clase: pastas con forma de flor, unha peque-enciclopedia sobre as catro estacións e un xogo de cartas. ¡Todo para compartir no cole! O regalo viña decorado con un montón de bolboretas, flores e abellas. Gustouono moito. ¡Moitas grazas!
Na hora da merenda probamos as pastas. Estaban deliciosas
As pastas quixo compartilas tamén coas profes e alá que nos fomos a facerlles unha visita
Breixo trouxo unha góndola (xa sabedes que estamos a facer un pequeno traballo sobre Venecia) e a tod@s nos gustou moito; pero temos que ter moito coidado de non rompela polo que a colocamos no alto dunha estantería. Tamén nos regalou unha moeda de chocolate (xa sabedes a fama de larpeir@s que temos)
Estiveron de aniversario Sara da clase de 3 anos e Adriana da clase de 5. Pasaron pola Sementeira a endulzarlle a mañán as profes.
Moitas Grazas polo detalle peques
¡Dá gusto ver o blog da Sementeira! Sempre hai sorpresas, e sobre todo cousiñas para comer, jajajaja, sodes uns lambóns. E eu teño a sorte de ser a vosa veciña e tamén disfruto das vosas larpeiradas. Grazas Xoel e profe por deixarme probar esa pasta-flor tan deliciosa!
ResponderEliminar