jueves, 13 de marzo de 2014

Un día "redondo"

Despois de empezar a semana un pouco "regular" pois parece que Lorenzo trouxo consigo moita enerxía (que na clase se traduce como un alboroto xeneralizado), hoxe tivemos un DÍA ESTUPENDO na Sementeira e había que celebralo. 
Fixemos o panel moi ben e rápido grazas aos encargados e contamos un conto novo: "El Principito"
¡¡¡encantounos!!!
Traballamos moi concentrad@s e esforzándonos polo que o resultado foron unhas fichas moi ben feitas e o premio ... INAUGURAR A TEMPADA DE "PÍCNICS" SEMENTEIROS
Os nenos e nenas da clase "A Pementeira" tamén se animaron a merendar fóra
(seguramente eles tamén tiveron unha mañán fantástica)
 Hoxe tamén era o día que DANIEL MARTÍNEZ levaba esperando semanas...
¡O SEU 5º ANIVERSARIO!
E celebrámolo no patio
 Aquí está a nosa felicitación a modo de canción
¡MOITAS FELICIDADES DANI!
Pola tarde fixemos unha cousa que tiñamos pendente dende hai varias semanas e que non puidemos facer ata hoxe. ¡ Comernos un CASTELO DE CHUCHES que trouxo XOEL!
Estas son as fotos do día que o trouxo
E aquí estamos hoxe disfrutando das chuches. 
(por certo, sobraron moitas. Que non se preocupen os sementeiros e sementeiras que hoxe pola tarde non estaban no cole porque gardamos unhas poucas para el@s)
Como vedes foi un día cheo de emocións

3 comentarios:

  1. FELICIDADES DANI !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!.
    Polo que vexo, est@s sementeir@s, seguen igual de lambóns que sempre. Un bico para todos.

    ResponderEliminar
  2. Para que despois digan que o cole non é divertido. é unha pasada. Tódolos días cousas novas....
    Por certo, sementeir@s, xa vedes que se vos portades ben, tedes premios, así que seguide así e veredes que haberá mais sorpresas.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  3. FELICIDADES PARA DANIEL MARTÍNEZ!!!! Biquiños para todo e aprobeitade que fai bo tempo para disfrutar destes días fabulosos...

    ResponderEliminar