martes, 29 de abril de 2014

Visitamos unha Exposición

Hoxe pola mañá, despois do recreo, visitamos unha exposición sobre o medio mariño na sala de audivisuais do noso cole.
Este é o cartel que anuncia a exposición
Aquí están os encargados do día
  amosándonos o cartel
Unha vez dentro fixemos un percorrido pola sala de audivisuais, parando para falar sobre o que viamos nas fotos e contestar algunhas das preguntas da profe
A exposición tiña de todo: fotos, paneis con información, utensilios de pesca,...
 Sen dúbida o que máis nos gustou foron estas crías de quenlla
Antes de dar por finalizada a visita quixemos facer unha foto de recordo
Unha vez en clase, decidimos facer un debuxo dunha quenlla, pois quedamos impresionad@s na exposición. Foi unha actividade moi entretida; pasamos un rato moi divertido facendo os nosos debuxos e mirando os d@s compañeir@s.
 Pola tarde pintamos o mar e as quenllas con acuarelas





3 comentarios:

  1. A verdade e que foi todo un éxito a exposición, porque Pablo (M.) estivo todo o día falando do "tiburón que había en un bote", por certo, esta "matado" entón non lle tiñan medo (ja, ja, ja) e das "cousas esas" que se usan para coller peixes.
    Fantástico. Este cole non deixa de sorprendernos.
    Noraboa e Gracias. Cousas como estas fan que desperte a curiosidade nos nenos e creo que tamén é unha boa forma de aprender.

    ResponderEliminar
  2. ¡Que interesante! A exposición está xenial pero a min o que máis me gusta son eses debuxos das quenllas. ¡Parabéns sementeiros/as! sodes uns artistas.

    ResponderEliminar
  3. Gustoulles moito a visita e estiveron falando toda a tarde de quenllas devoradoras!!! non fixo falta motivalos co tema. E o resultado final de moitos traballos foi especialmente orixinal.

    ResponderEliminar