Hoxe pola mañá, despois do recreo, visitamos unha exposición sobre o medio mariño na sala de audivisuais do noso cole.
amosándonos o cartel
Unha vez dentro fixemos un percorrido pola sala de audivisuais, parando para falar sobre o que viamos nas fotos e contestar algunhas das preguntas da profe
A exposición tiña de todo: fotos, paneis con información, utensilios de pesca,...
Sen dúbida o que máis nos gustou foron estas crías de quenlla
Antes de dar por finalizada a visita quixemos facer unha foto de recordo
Unha vez en clase, decidimos facer un debuxo dunha quenlla, pois quedamos impresionad@s na exposición. Foi unha actividade moi entretida; pasamos un rato moi divertido facendo os nosos debuxos e mirando os d@s compañeir@s.
Pola tarde pintamos o mar e as quenllas con acuarelas
A verdade e que foi todo un éxito a exposición, porque Pablo (M.) estivo todo o día falando do "tiburón que había en un bote", por certo, esta "matado" entón non lle tiñan medo (ja, ja, ja) e das "cousas esas" que se usan para coller peixes.
ResponderEliminarFantástico. Este cole non deixa de sorprendernos.
Noraboa e Gracias. Cousas como estas fan que desperte a curiosidade nos nenos e creo que tamén é unha boa forma de aprender.
¡Que interesante! A exposición está xenial pero a min o que máis me gusta son eses debuxos das quenllas. ¡Parabéns sementeiros/as! sodes uns artistas.
ResponderEliminarGustoulles moito a visita e estiveron falando toda a tarde de quenllas devoradoras!!! non fixo falta motivalos co tema. E o resultado final de moitos traballos foi especialmente orixinal.
ResponderEliminar