O venres antes das vacacións foi un día moi especial en infantil porque recibimos a visita do noso amigo o Coelliño de Pascua.
Coma todos os anos esperou a que tod@s estivésemos despistad@s para esconder os ovos de chocolate.
E iso que este ano o tivo máis difícil porque durante toda a mañá estivemos moi atent@s a calquera estraño ruído e movemento. Ata nos pareceu velo nalgún momento polo patio!
Despois de chamalo entre tod@s, e posto que non atopamos ovos no patio grande, decidimos ir a buscar no patio pequeno e.... SORPRESA!
Os primeiros ovos de chocolate non tardaron en aparecer!
No hay comentarios:
Publicar un comentario