sábado, 10 de enero de 2015

De novo no cole...

Este xoves volvemos de novo á aula despois das vacacións de Nadal. 
Despois do balbordo inicial no que tod@s queriamos contar o ben que o pasaramos, decatámonos de que nunha mesa había unha sorpresa "Real". As súas Maxestades de Oriente quixeron parar na Sementeira na noite de Reis para deixarnos uns regaliños: varios libros e unha estación meteorolóxica que viñan acompañados dunha carta na que nos felicitaban polo noso bo comportamento.
 Pero aínda había máis sorpresas porque na casa de PAULA tamén deixaron regalos para a Sementeira
Tres libros que xa están no caixón dos libros viaxeiros dos venres.
 ALEJANDRO tamén chegou cargado de sorpresas: un crebacabezas para o noso recuncho espacial e un roscón de Reis que comemos o venres pola tarde despois da nosa visita semanal á biblioteca do cole.
este era o roscón antes e .... despois
 Como empezamos un novo trimestre, tocaba cambiar os equipos.
 Unha vez organizados no noso novo sitio, tivemos que poñernos de acordo para elexir un nome para a nosa mesa. A única condición era que tiña que ser un nome relacionado co espazo.
 Os elexidos foron os seguintes:
- Agujero Negro.
- Sol.
- Meteoritos.
 Eses son os nomes dos novos equipos para o segundo trimestre.
Gifs de estrellas

O venres contamos un dos contos que nos trouxeron os Reis Magos

Reseña:
Se queres coñecer o punto de mira de Miró, deberás seguir as peripecias de cinco salvaxes manchas de pintura, con moitas, moitas ganas de manchar.
 
Foi así como coñecemos un novo artista; JOAN MIRÓ.
Estivemos boa parte da mañá curioseando por internet e mirando algún dos seus cadros.
Atopamos un titulado: LA ESTRELLA 
 


E decidímonos a facer unha réplica
EQUIPO "SOL"
EQUIPO "METEORITO"
EQUIPO "AGUJERO NEGRO"
Aquí están os resultados

1 comentario:

  1. Que sorte ten esta aula cos Reis Magos. Cantos regalos.... E seguro que a estación meteorolóxica foi todo un éxito. E por si fora pouco, roscón para merendar. Sodes a envexa de todo o colexio.

    ResponderEliminar