Onte e hoxe estivemos coñecendo un pouquiño máis a fondo as características da pintura de Miró.
Fixámonos nas formas que máis utilizaba e nos debuxos que repetía en moitos cadros: círculos, lúas, soles, estrelas, ollos, paxaros,... tamén en que empregaba liñas curvas e fundamentalmente as cores negra, vermella, azul, amarela e verde.
Vimos en internet unha presentación que recolle algúns detalles da súa biografía
E tamén como algúns dos seus cadros cobraban vida. Este vídeo encantounos!!
Onte coloreamos e puxemos un título a unha das súas pinturas
Hoxe martes, compuxemos a nosa propia obra: coloreamos diferentes figuras recurrentes nos cadros de Miró coas súas cores favoritas, recortámolas e montamos nun folio de cor. Por último pegámolas e puxemos nome á nosa creación.
Aquí están os resultados d@s compañeir@s que xa remataron a tarefa
E para rematar un día redondo a pesar de ser martes e 13, PABLO regaloume un corazón de plastilina!! Grazas!!
Como me alegro de que estedes a traballar con Joan Miró. A min particularmente gustame moito porque os seus cadros teñen moito colorido, como eu son moi amiga das cores chamativas...
ResponderEliminarDesfrutadeo
Preciosas composicións as destes artistas de 5 anos! Encántame vervos traballar así!
ResponderEliminar