o venres antes de marchar de vacacións, foi un día cheo de sorpresas e emocións.
A profe Ana contounos que hai un coelliño que todos os anos visita o noso cole para deixarlle ovos de pascua aos nenos e nenas que se portaron moi ben durante o trimestre. Desde ese momento estivemos moi atent@s a calquera ruído ou movemento que nos puidese parecer sospeitoso.
Pero non tivemos sorte e non atopamos nin rastro do coelliño.
Pola tarde decidimos explorar polo cole en busca dalgunha pista que nos leva a atopar o premio dos ovos de chocolate. Preguntámoslle a Manolo e á profe Anita pero eles tampouco viran nada raro.
Decidimos subir, xunto coas demais aulas de infantil, á biblioteca. Nada,... nin rastro. Xa que estabamos alí arriba, decidimos ver un curto de animación sobre a pascua na pantalla e así relaxarnos un pouco despois de tanta procura.
Antes de baixar, un pouco disgustad@s por non atopar nin rastro do protagonista da tarde, decidimos botar unha última ollada pero,... tampouco
De volta para as aulas fomos moi calad@s e concentrad@s ante calquera movemento
E ao chegar ao corredor de infantil cal foi a nosa sorpresa cando descubrimos que o coello de Pascua finalmente sí nos visitaba e, fiel ao seu costume, deixáranos unha chea de ovos de delicioso chocolate, aínda que aos nenos e nenas de tres anos fomos os últimos en darnos conta (cousas da idade)
Unha vez rematada a búsqueda de ovos pola zona de infantil, as profes fixéronnos un pequeno agasallo a tod@s pero para poder abrilo primeiro tivemos que pechar os ollos
Antes de marchar para disfrutar das merecidas vacacións de Pascua, repartimos as bolsas cos nosos traballos do 2º trimestre
Os últimos días de cole estivemos preparando tamén a portada do noso libro de fichas
E como non todo é traballar, tamén tivemos tempo de disfrutar mirando todos os libros que temos no recuncho africano
FELIZ PASCUA
No hay comentarios:
Publicar un comentario