jueves, 17 de marzo de 2016

Un Libro e Un Picnic

Este mércores volvemos ler e a gozar dun libro que hai tempo que temos na biblioteca de aula pero que soamente contaramos unha vez:
a libro
Círculos vermellos, amarelos e azuis desdóbranse, cambian de lugar, colócanse en fila, crecen? Mesmo están a piques de caerse polo bordo do libro ou voar ata desaparecer. Todo depende do que @ nen@ faga, se os aperta, fregaos, sopra sobre eles ou os axita. Xenial!
  
     
 É un libro ideal para traballar as matemáticas en Educación Infantil e descubrir cos máis pequenos as primeiras nocións de cantidade, de numeración, seriación, orde, nocións espaciais, discriminación visual,...Pero sobre todo achéganos ao contacto directo cun libro como compañeiro de xogo; e que mellor maneira de ver ao libro como un amigo que nos anima a xogar con el !!
 Despois da lectura, e como estaba unha mañá estupenda, a profe propúxonos facer un "picnic" aproveitando os primeiros raios de sol despois dun longo inverno, e tod@s aceptamos encantad@s.
 Despois de merendar sacamos os cubos e pas, e pasamos un recreo formidable

4 comentarios:

  1. Caray un picnic que suerte tienen estos Sementeir@s

    ResponderEliminar
  2. Caray un picnic que suerte tienen estos Sementeir@s

    ResponderEliminar
  3. Siempre buscando la manera de que aprender sea mas facil y divertido. Y ellos siempre tan contentos!!!! Es que nos encantaaaaaaa!!!

    ResponderEliminar
  4. ¡Es que no me extraña que esten contentos!!
    ¡Cada dia una cosa nueva!¡Que envidia me dan!

    ResponderEliminar