Estamos traballando diferentes conceptos matemáticos; xa nos iniciamos no concepto de "suma" e estamos a levar a cabo diferentes estratexias para facer pequenas sumas sinxelas. Todos os días na hora do panel adicamos un ratiño a facer algunha operación empregando os dedos das nosas mans e transcribindo o resultado no encerado. Pouco a pouco iremos collendo máis soltura.
Ampliamos tamén o noso vocabulario matemático; xa sabemos que a palabra "conxunto" significa unha agrupación de obxectos. Tiñamos pendente amosarvos unha actividade que levamos a cabo a semana relacionada con este concepto. A tarefa consistía en estampar tantos selos como nos indicaba cada conxunto.
Con sumas ya???? Que bien!!!! Yo creo que empece con las sumas cuando ya tenia algun añito mas... Estos Sementeir@s nos van a salir muyyyy listos!!!!
ResponderEliminar