Hoxe foi un día un pouco diferente no cole, pois viñemos moi poucos peques ao cole.
Decidimos xuntarnos tod@s e o primeiro que fixemos foi visitar os blogues das aulas para recordar o ben que o pasamos o último día de cole buscando os ovos de chocolate. Despois pasamos un rato moi entretido coas aventuras de Kirikú na pantalla grande da aula de 3 anos.
Para celebrar a entrada da primavera (aínda que o día máis ben convidábanos a lembrar o aburrido inverno) fixemos unha manualidade que levamos para casa.
O tempo que estivemos traballando tivemos de fondo música africana.
Merendamos tod@s xuntas e demos boa conta dun ovo de chocolate que estaba... delicioso !!
Pola tarde colgamos do pescozo o noso collar primaveral e visitamos a aula dos nenos e nenas de 4 anos pois unha galiña moi peculiar deixoulles uns ovos cocidos para chuparse os dedos.
Foi, como vedes, un día especial no cole.
Paula lo pasó genial!! Dijo que estaban riquísimos los huevos, tanto el de choco como los cocidos.
ResponderEliminarAna R.